RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Mini xornada en ANOSACANTEIRA que abre mañá xoves o Xuvenil A en Abegondo

Xornada reducida en #ANOSACANTEIRA a consecuencia da festividade da Semana Santa.

Por este motivo, só teñen competición oficial 2 equipos, o Fabril en Segunda Federación e o Xuvenil A na División de Honra, este xa mañá xoves ás 11:30 ante o Atlético Perines no campo principal de Abegondo, con motivo dunha nova xornada ligueira.

Os pupilos de Manuel Pablo marchan no grupo de cabeza da División de Honra, empatados a puntos con Real Oviedo e RC Celta; e a 6 puntos do líder, o Real Racing Club.

Pola súa banda o Fabril, despois do seu triunfo en Valladolid no último minuto do pasado sábado, busca este domingo (13:00, Youtube RC Deportivo), de novo ante un rival directo, o UP Langreo, a súa 3ª vitoria consecutiva que o impulse aínda máis na clasificación.

Óscar Gilsanz recupera a Kevin Sánchez após a súa participación estes días coa selección española sub-19 no Mini Torneo Elite de Eslovenia, acompañado polo deportivista David Mella.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Poden retirar entradas dispoñibles, até esgotar a grada e sen ningún custo adicional, todos os socios e socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir a súa ID de socio e os 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aqueles socios e socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completada a repartición da grada nun proceso 100 % telemático.

A xestión pode realizarse até completar as localidades. As socias e socios do RC Deportivo terán prioridade para a retirada da súa entrada gratuíta até mañá xoves ás 23:59 h. A partir dese momento, se houbese asentos aínda dispoñibles, habilitarase simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
Clasificación da Tercera Federación FutFem: 1. Real Avilés CF, 66 puntos; 2. Deportivo ABANCA B, 56 puntos; 3. Olímpico de León, 46 puntos...

Clasificación da Primera Autonómica: 1. Bergantiños CF, 53 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Femenino, 52 puntos; 3. Lóstrego CF B, 44 puntos...

Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: ... 8. SD Antas, Sporting Meicende e UC Cee, 35 puntos; 11. Orzán SD B sub-16 Femenino, 31 puntos; 12. Silva SD, 23 puntos...

Clasificación da Liga Galega cadete, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete Femenino, 66 puntos; 2. Victoria CF, 60 puntos...

Clasificación da Liga Galega infantil, subgrupo 1º: 1. Victoria CF, 61 puntos; 2. Orzán SD Infantil A Femenino, 59 puntos; 3. Racing de Ferrol, 55 puntos... 11. Sporting Burgo, 19 puntos; 12. AD Cristo Rey, 15 puntos; 13. Orzán SD Infantil B Femenino, 14 puntos; 14. Club Rosalía Mera, 3 puntos...

Segunda Federación
29ª xornada: FABRIL - UP LANGREO, o domingo 31 de marzo ás 13:00 en Abegondo
Clasificación: ... 5. UP Langreo, 39 puntos; 6. Coruxo FC e Rayo Cantabria, 38 puntos; 8. Real Avilés Industrial, 37 puntos; 9. SD Compostela e Fabril, 36 puntos; 11. RS Gimnástica de Torrelavega, 34 puntos; 12. Real Valladolid Promesas, 33 puntos...

Categoría xuvenil
25ª xornada: XUVENIL A - ATLÉTICO PERINES, mañá xoves 28 de marzo ás 11:30 en Abegondo (campo principal)
Clasificación da División de Honra: 1. Real Racing Club, 57 puntos; 2. RC Celta (un partido máis) e Real Oviedo (un partido máis), 54 puntos; 4. Xuvenil A, 51 puntos; 5. SD Compostela (un partido máis), 42 puntos... 14. Atlético Perines, 26 puntos...

Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 73 puntos; 2. RC Celta B, 66 puntos

Categoría cadete
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 73 puntos; 2. RC Celta, 64 puntos... 9. San Tirso SD Cadete, 32 puntos...

Categoría infantil
Clasificación da División de Honra: 1. Infantil, 67 puntos; 2. RC Celta, 59 puntos... 10. San Tirso SD Infantil, 27 puntos...

Categoría alevín
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte: 1. Alevín e CD Lugo, 15 puntos; 3. CD Calasanz, 12 puntos...

Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Alevín A e Sada CF A, 6 puntos; 3. San Tirso SD e Fabril FC Alevín, 3 puntos...

Categoría benxamín
Clasificación da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8: 1. Victoria CF e Benxamín A, 6 puntos; 3. ED Luis Calvo Sanz e Fabril FC Benxamín, 3 puntos...