RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

O Infantil A gana ao Santiago de Compostela e é líder en solitario da liga Galega

O Infantil A tombou (5-0) en Abegondo ao Santiago de Compostela en partido da 7ª xornada do grupo 1º da liga Galega. Iván, Martín Burgos, Sergio -2- e Quique foron os autores dos goles branquiazuis.

Con este triunfo, e o empate do Calasanz ante o Bergantiños, os deportivistas xa lideran en solitario a clasificación con 19 puntos, por 17 puntos agora dos colexiais.

Infantil A: Lemos, Sergio, Martín Burgos, Rubén, Eloi, Lombao, Hugo García, Iván, Quique, Hugo Baldomar e Álex G. Tamén xogaron: Marcos, Dani, Matías, Zerfu e Álex L.

A próxima fin de semana, o Infantil A visita ao Oza Juvenil.

Os resultados ata a data do equipo que prepara Iván Vázquez son os seguintes:

Infantil A 7 (Sergio -2-, Hugo Baldomar -2-, Trigo, Quique e Roque) - Imperátor 0
Once Caballeros 1 - Infantil A 15 (Hugo Baldomar -3-, Rubén, Sergio, Álex González, Trigo -2-, Xosé, Zerfu, Roque -3-, Iván e Hugo García)
Infantil A 2 (Roque e Hugo Baldomar) - Racing de Ferrol 1
Lugo 1 - Infantil A 6 (Roque -4-, Dani e Álex González)
Infantil A 1 (Iván) - Calasanz A 1
Polvorín A 0 - Infantil A 4 (Hugo Baldomar -2-, Pablo Trigo e Quique)
Infantil A 5 (Iván, Martín Burgos, Sergio -2- e Quique) - Santiago de Compostela 0