RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Resultados da semana en ANOSACANTEIRA, con remontada do Dépor ABANCA B en Abegondo ante o Victoria CF

Hoxe domingo en #ANOSACANTEIRA destacou o choque do Deportivo ABANCA B ante o Victoria CF en Abegondo correspondente á 24ª xornada en Terceira Federación FutFem.

Óscar Orro recuperou a Elena Vázquez, que regresou o pasado xoves da súa concentración coa selección española sub-17, confirmada a súa clasificación para a Fase Final do Campionato de Europa da categoría.

Michi Apóstol, con 2 goles en 5 minutos (60 e 65), deu o triunfo (2-1) ás branquiazuis nun choque no que regresou aos terreos de xogo Marta Rico após superar a súa lesión de xeonllo.

Ademais esta tarde o Orzán SD Xuvenil Femenino impúxose en Vigo ao Sárdoma CF B (2-5) e o Orzán SD B sub-16 Femenino caeu en Santa Comba fronte ao Xallas FC (2-1).

Onte sábado 23 xogáronse 8 partidos, entre os que sobresaíu a visita do Fabril ao Real Valladolid Promesas nos campos Anexos ao Estadio José Zorrilla.

Óscar Gilsanz contou coas baixas de Kevin Sánchez, concentrado coa selección española sub-19 en Eslovenia do mesmo xeito que o tamén deportivista David Mella; David Vilán, cunha lesión muscular na pantorrilla esquerda; Álex Alfaro, sancionado por acumulación de amoestacións; e Rubén López, citado polo primeiro equipo para o partido en Majadahonda.

Fabrilistas e valisoletanos chegaban empatados a 33 puntos na táboa.

Venceu o conxunto deportivista (3-4) cun gol de Nájera no desconto após un partido con erros defensivos, penaltis e unha expulsión.

O outro partido que centrou a atención de #ANOSAFORZA foi #ONOSODERBI de Liga Nacional entre o Xuvenil B (na foto da noticia) e o RC Celta B no campo principal Abegondo.

Os branquiazuis chegaban como líderes con 4 puntos de vantaxe sobre os célticos, segundos na táboa.

Venceron claramente (4-0) os deportivistas, que aumentan a súa renda á fronte da clasificación aos 7 puntos.

Ademais dos dous equipos alevíns na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, competiu en casa o Orzán SD Cadete Femenino ante a Santa Cruz CF (5-0).

Precisamente Enzo Bértoa, Hugo Macedo e Iván Gil, do Alevín A, estiveron concentrados coa selección galega sub-12 para o Campionato de España por autonomías que se celebrou en Madrid esta fin de semana.

Así mesmo, o Orzán SD Infantil A Femenino visitou ao Torre SD (0-6), o Cadete ao Atlético Coruña Montañeros CF (1-8) e o San Tirso SD Infantil ao EF Portero 2000 (3-2).

Descansou esta semana o Xuvenil A debido aos compromisos da selección española en Eslovenia; o San Tirso SD Cadete cuxo partido en Nigrán xogarase o mércores 3 de abril debido á súa participación na Ibercup de Cádiz; e o Orzán SD Infantil B Femenino, debido a que lle tocaba medirse á SD Sofán, club retirado da competición na Liga Galega.

Tres partidos xa se adiantaron ao fin de semana.

O martes, o Alevín venceu (6-0) ao Ural Español CF no Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11.

O mércores, o Infantil A impúxose (4-0) en Abegondo ao AJ Lérez en partido da División de Honra adiantada debido á participación do equipo deportivista na Ibercup de Cádiz.

E o xoves en Abegondo o Benxamín A superou (4-1) ao Fabril FC Benxamín na 2ª xornada da Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8.

Os resultados da semana foron os seguintes:

Categoría feminina
Tercera Federación FutFem, 24ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B 2 (Michi Apóstol -2-) - VICTORIA CF 1

Primera Autonómica, 23ª xornada: SÁRDOMA CF B 2 - ORZÁN SD XUVENIL FEMENINO 5 (Ivana Fernández, Ana Capelo -2-, Noe Gómez y unha futbolista rival en propia meta)

Segunda Autonómica, subgrupo 1º, 23ª xornada: XALLAS FC 2 - ORZÁN SD B SUB-16 FEMENINO 1 (Sofía Milhem)

Liga Galega, subgrupo 1º, 23ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMENINO 5 (Sofía Milhem, Marta Moreno, Daniela Macedo, Candela Fernández e Alexia Freire) - SANTA CRUZ CF 0

Liga Galega, subgrupo 1º, 23ª xornada: TORRE SD 0 - ORZÁN SD INFANTIL A FEMENINO 6 (Marta Moreno, Carolina Lago -2-, Naiara Fontenla, Bianca Ventureira e Uxía Fariña)

Segunda Federación
28ª xornada: REAL VALLADOLID PROMESAS 3 - FABRIL 4 (Mati Castillo, Jorge, Diego Gómez e Nájera)

Categoría xuvenil
Liga Nacional, 27ª xornada: XUVENIL B 4 (Rubén, José Rey -2- e Samuel Vázquez) - RC CELTA B 0

Categoría cadete
División de Honra, 25ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF 1 - CADETE 8 (Diego -2-, Janusz -2-, Lucas, Balbas -2- e Íker Fernández)
División de Honra, 25ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - SAN TIRSO SD CADETE, o mércores 3 de abril ás 18:30 en Condomínguez (Nigrán)

Categoría infantil
División de Honra, 23ª xornada (mércores 20): INFANTIL 4 (Sergio Cortizo -2-, Gabri e Raúl) - AJ LÉREZ 0
División de Honra, 23ª xornada: EF PORTERO 2000 3 - SAN TIRSO SD INFANTIL 2 (Hugo Caridad e Hugo Fernández)

Categoría alevín
Trofeo Conservas Calvo de fútbol 11, subgrupo norte, 5ª xornada (martes 19): ALEVÍN 6  (David Gómez -2-, Iván Gil -2-, Brais Martínez e Álvaro Gómez) - URAL ESPAÑOL CF 0

Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 2ª xornada: CD CALASANZ 3 - ALEVÍN A 5 (Nacho Villanueva -2-, Rui Caamaño, Sergio Fernández e David Gómez)
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 2ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 4 (Nico Rodríguez-Ponce -2-, Hugo Álvarez e Hugo Quintela) - SAN TIRSO SD 2

Categoría benxamín
Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8, 2ª xornada (xoves 21): BENXAMÍN A 4 (Alberto Novo -2-, Diego Castelo e Leo Lorenzo) - FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Leo Galván)